Temáticas

Benvida da Presidenta

 Cada vez
que unha afectada do implante de essure
descubre cos efectos secundarios ou doencias que sofre son polo implante
iníciase para ela e a súa familia un longo e duro camiño. A dinámica familiar
vese afectada en moitas facetas e o impacto a miúdo desequilibra á familia máis
equilibrada; para apoiar a estas familias e axudarlles en todo o posible, creouse ASAFESGAL “Asociación de Afectadas do Essure
de Galicia”.  

A
Asociación nace a iniciativa dun grupo de mulleres que, como vós, un día
despois de moitas consultas e provas medicas se lle ocorre procurar información
nas redes, ou é unha coñecida/o que lle fala da asociación ou outra muller
afectada. Todas sentimos a mesma impotencia e a mesma rabia que seguramente
esteades a sentir. Unhas mulleres as que
unha conversa doutra afectada failles ver cos síntomas compartidos aliviaban a
dor. Que o apoio mutuo era unha axuda inestimable e que o camiño era máis
levadeiro en compaña. En resumo, unhas mulleres que xa compartían o mesmo
pesadelo, e decidiron compartir unha
loita: poder contribuír a mellor atención e consecución dun protocolo de
retirada seguro dos implantes essure.  

O 21 de
outubro do ano 2018, convocamos a todalás mulleres que sospeitan ca sua mala saúde
derive do implante tubarico essure, e demolo paso de organizarnos legalmente
coma asociación, cas seguintes responsables: 

· Presidenta:
Mª Sabela Landín Estévez. 

· Tesoureira:
Eva Mª Losada Rodríguez 

· Secretaria, e Vicepresidenta:
Dámaris Mallo Mariño

 

  Con esa
mesma ilusión hoxe ASAFESSGAL ponse ao enteiro servicio de tódalas afectadas
para axudarvos a percorrer o difícil camiño que vos tocou transitar. Seguramente
non poderemos dar solución a tódolos problemas, pero si poderemos escoitalos. E
probablemente tampouco teñamos respostas para todalas dúbidas, pero si
poderemos axudarvos a buscalas. 

Quedamos á vosa disposición
para o que necesitedes, non dubidedes en contactarnos. Queremos que esteades acompañadas
durante tódolo proceso. 

 

Un abrazo e tódolo noso
agarimo 

Mª Sabela Landín Estévez

Presidenta de ASAFESSGAL  

Contacta con Nosotros

Enviar Mensaje

Se enviará un email al negocio